Samaín significa fin do verán e principio do inverno.
Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano.
Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar grandes festas.
Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar o mundo dos vivos
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas adoitaban nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña.
De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes.
Tradición que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea . En Galiza atopámola en toda a súa xeografía.
O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Tradición de orixe europeo foi levada polos emigrantes a terras americanas e de alí transmutouse nuncarnaval outonal.
O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Tradición de orixe europeo foi levada polos emigrantes a terras americanas e de alí transmutouse nuncarnaval outonal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario